Mapas e GPS
Pode usar o GPS (Sistema de
Posicionamento Global) para admitir a
aplicación Mapas. Atopar a súa
localización ou medir distancias e
coordenadas de terreo.
Antes de poder usar a función de GPS co
seu teléfono, debe vincular o seu teléfono
cun receptor GPS externo compatible
mediante a tecnoloxía sen fíos Bluetooth.
Para obter máis información, consulte o
manual do usuario do seu dispositivo GPS.
Tras vincular o dispositivo GPS Bluetooth
co teléfono, pode tardar varios minutos en
que o teléfono amose a localización
actual. As conexións subsecuentes
deberían de ser máis rápidas, pero se non
usa o GPS durante varios días ou está moi
lonxe do derradeiro lugar onde o usou,
pode tardar varios minutos en detectar e
amosar a súa localización.
O sistema de posicionamento global (GPS)
está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode
verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados
Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do
Ministerio de defensa dos Estados Unidos
e do Plan de radionavegación federal
(Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos
naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais
GPS non estean dispoñibles no interior dos
edificios ou en pasos subterráneos e que
a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e
metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a
medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos datos
de localización procedentes do receptor
GPS nin das redes de radio móbil para
determinar posicións nin para a
navegación.