Nokia 3720 classic -  Mensaxes multimedia  

background image

Mensaxes multimedia

Unha mensaxe multimedia pode conter

texto, imaxes, sons e videoclips.
Só os dispositivos que dispoñen de

funcións compatibles poden recibir e

visualizar mensaxes multimedia. É posible

que a aparencia das mensaxes varíe en

función do dispositivo de recepción.
É posible que a rede sen fíos limite o

tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe

inserida excede este límite, o dispositivo

pode reducila para que se poida enviar por

MMS.
Importante: Teña precaución ao abrir as

mensaxes, xa que é posible que conteñan

software nocivo ou daniño para o

dispositivo ou o ordenador.
Se desexa obter información sobre a

dispoñibilidade e a subscrición ao servizo

de mensaxería multimedia (MMS), póñase

en contacto co seu fornecedor de servizos.