Inserción de texto preditivo
A inserción de texto preditivo basease nun
dicionario incorporado ao que pode
engadir novas palabras.
1 Comece a escribir unha palabra
usando as teclas 2 a 9. Prema cada
tecla só unha vez para cada letra.
2 Para confirmar unha palabra,
desprácese á dereita e engada un
espazo.
•
Se a palabra non é correcta,
prema * varias veces e seleccione
a palabra da lista.
•
Se se amosa o carácter ? despois
da palabra, a palabra que
pretende escribir non se atopa no
dicionario. Para engadir a palabra
ao dicionario, seleccione
Escribir
Insira a palabra usando a
inserción de texto tradicional e
seleccione
Gardar
.
•
Para escribir palabras compostas,
insira a primeira parte da palabra,
e desprácese á dereita para
confirmala. Escriba a última parte
da palabra, e confírmea.
3 Comece a escribir a seguinte palabra.