
Marcado por voz
Efectúe chamadas de voz pronunciando o
nome que se atopa gardado en Contactos.
Debido a que os comandos de voz
dependen dos idiomas, antes de efectuar
a marcación por voz, cómpre seleccionar
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Axustes
de idioma
>
Idioma do teléfono
e o
idioma.
Nota: A utilización de etiquetas de voz
pode resultar difícil en contornos con
ruído ou durante unha emerxencia, polo
tanto, non debe confiar unicamente na
marcaxe por voz en todas as
circunstancias.
1 No modo de pantalla de inicio, prema
de xeito prolongado a tecla de
selección dereita.Reproducirase un
ton curto e amosarase
Fale despois
do ton
.
2 Pronuncie o nome do contacto que
desexe marcar. Se o recoñecemento
de voz se efectúa correctamente,
amosarase unha lista con resultados.
O teléfono reproducirá o comando de
voz do primeiro resultado que
apareza na lista. Se o comando non é
o correcto, desprácese a outra
entrada.