
Axustes de chamada
Seleccione
Menú
>
Axustes
,
Chamadas
e
unha das seguintes opcións:
Desvío de chamada — Permite desviar
as chamadas entrantes (servizo de rede).
É posible que non sexa quen de desviar as
súas chamadas se se atopa algunha
función de restrición de chamadas activa.
Calq. tecla responde — Permite
responder ás chamadas entrantes
premendo brevemente calquera tecla,
agás a tecla de acendido, as teclas de
selección dereita e esquerda ou a tecla fin.
Rechamada autom. — Esta opción
permite que o dispositivo marque de novo
automaticamente o número se falla a
chamada. O dispositivo intentará chamar
ao número 10 veces.
Claridade de voz — Permite mellorar a
intelixibilidade da fala, sobre todo en
ambientes ruidosos.
Marcación rápida — Permite marcar os
nomes e números de teléfono asignados
ás teclas numéricas (2-9) mantendo
premida a tecla numérica
correspondente.
Chamada en espera — Esta opción
permite que a rede lle notifique cando ten
unha chamada entrante mentres ten
activa outra chamada (servizo de rede).
Temporiz. chamada — Permite
visualizar a duración da chamada en
curso.
Resumo tras chamad. — Permite
visualizar brevemente a duración
aproximada despois de cada chamada.
Envío do n.º propio — Permite amosar
o seu número de teléfono á persoa á que
está chamando (servizo de rede). Para
empregar o axuste acordado co
fornecedor de servizos, seleccione
Fixado
pola rede
.
Liña cham. saíntes — Permite
seleccionar a liña de teléfono que desexa
utilizar para realizar chamadas se a
tarxeta SIM admite varias liñas de teléfono
(servizo de rede).