Seguridade navegador
É posible que se necesiten funcións de
seguridade para algúns servizos, como os
bancarios ou a compra en liña. Para estas
conexións requírense certificados de
seguridade e, posiblemente, un módulo
de seguridade que pode estar integrado
na tarxeta SIM. Para obter máis
información, póñase en contacto co
fornecedor de servizos.
Para ver ou cambiar os axustes do módulo
de seguridade, ou para ver unha lista dos
certificados de autoridade ou usuario
descargados no seu dispositivo,
seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
>
Axus. mód. segurid.
,
Certificad. autoridade
ou
Certificados
usuario
.
Importante: Aínda que o uso de
certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software,
cómpre utilizalos correctamente para
beneficiarse do aumento da seguridade. A
existencia dun certificado non ofrece
protección por si mesmo. O administrador
do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou
fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido",
incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e
a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos
certificados, cómpre asegurarse de que o
propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.