
Inserción da tarxeta SIM e a batería
Este dispositivo está deseñado para
empregarse cunha batería BL-5CT. Utilice
sempre baterías orixinais Nokia.
Vexa
"Instrucións de autenticación das baterías
de Nokia", p. 50.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden
danarse facilmente ao raiala ou dobrala,
Introdución
7
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
7

polo que debe ter coidado cando
manipule, insira ou retire a tarxeta.
Para extraer e volver colocar a tapa
posterior, xire o parafuso cunha moeda ou
cun desaparafusador.
1 Para extraer a tapa posterior, xire o
parafuso cara á esquerda ata o
máximo (1, 2). Non aperte o parafuso
demasiado forte.
2 Retire a tapa posterior e a batería (3,
4).
3 Peche o soporte da tarxeta SIM. Insira
a tarxeta SIM no soporte coa
superficie de contacto cara abaixo (5).
Peche o soporte da tarxeta SIM.
4 Aliñe os contactos da batería e insíraa
(6). Coloque de novo a tapa posterior
(7). A tapa posterior axústase
firmemente. Prema a tapa posterior
cara abaixo ata que encaixe.
5 Asegúrese de que a tapa posterior
estea correctamente colocada. Para
fixar a tapa posterior, xire o parafuso
cara á dereita ata o máximo (8, 9). Non
aperte o parafuso demasiado forte.
8
Introdución
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
8