Entorno operativo
O dispositivo cumpre coas directrices de exposición a
radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso
no oído ou cando se coloca polo menos a 1,5 centímetros do
corpo. Se se utiliza unha funda de transporte, unha pinza para
o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ó corpo,
estes non deberán conter ningunha peza de metal e deberá
colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.
Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o dispositivo
require unha conexión de calidade á rede. Nalgúns casos, a
transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes pode
retrasarse ata que estea dispoñible a conexión. Asegúrese de
respectar as instrucións sobre a distancia de separación
indicadas anteriormente ata completar a transmisión.
Coidado e mantemento 51
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
51