Dispositivos médicos implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter
unha separación mínima de 15,3 centímetros (6 polgadas)
entre o dispositivo sen fíos e os dispositivos médicos
implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores
cardioversores implantados, para evitar posibles
interferencias co dispositivo médico. As persoas que
dispoñan dos mencionados dispositivos deberán:
•
Manter sempre o dispositivo sen fíos a unha distancia
de 15,3 centímetros (6 polgadas) do dispositivo médico
cando o dispositivo sen fíos se atope acendido.
•
Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da
camisa.
•
Utilizar o dispositivo sen fíos no oído situado no lado
contrario ao dispositivo médico para minimizar as
posibles interferencias.
•
Apagar o dispositivo sen fíos inmediatamente se
sospeita que se producen interferencias.
•
Lea e respecte as instrucións do fabricante do
dispositivo médico implantado.
Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do
dispositivo sen fíos cun dispositivo médico implantado,
póñase en contacto co seu médico.