Duración
O dispositivo está deseñado para poder
empregarse en condicións ambientais
adversas, e está probado e certificado
segundo o estándar internacional IEC
60529/nivel IP54 de protección contra a
auga e o po e segundo o IEC 60068-2-27
de protección contra golpes.
Os accesorios que utilice co dispositivo
non dispoñen das mesmas especificacións
de duración e resistencia á auga e ao po
que o dispositivo. Por exemplo, os
cargadores só se poden utilizar en
condicións secas. Nunca se deberán
utilizar cando se atopen húmidos ou
mollados.
Utilización do dispositivo mollado ou
con po
•
A resistencia á auga refírese só á
resistencia á auga doce e limpa. Non
expoña o dispositivo a outro tipo de
líquidos. Por exemplo, non expoña o
dispositivo á auga salgada, bebidas,
barro, produtos químicos ou
deterxentes.
•
Non somerxa o dispositivo en auga.
•
Non expoña o dispositivo á auga
quente.
•
Se se expuxo o teléfono á auga,
límpeo cun pano seco. Se se expuxo á
auga salgada ou a outro líquido, bote
auga doce limpa inmediatamente
sobre o dispositivo. Cómpre secar
coidadosamente o dispositivo.
•
Non conecte nunca ningún accesorio
aos conectadores da parte inferior se
se atopan sucios, mollados ou
húmidos. Por exemplo, nunca cargue
o dispositivo se os conectadores da
parte inferior se atopan mollados ou
húmidos. Non intente conectar
ningún accesorio aos conectadores
utilizando a forza, xa que é posible
que se rompa o dispositivo.
•
Antes de abrir a tapa posterior (1),
limpe e seque o dispositivo para
evitar que a auga e o po cheguen ao
interior e unicamente abra o
dispositivo en ambientes secos e
limpos. Asegúrese de que o interior do
dispositivo e os selos da tapa
posterior (1) estean secos, limpos e
non presenten obxectos estraños. A
presenza de obxectos estraños ou po
poden danar os selos que impiden o
acceso da auga.
•
Se os conectadores están sucios,
límpeos con coidado antes de usalos.
Para limpar os conectadores da parte
inferior e a zona situada arredor, pode
abrir a tapa dos conectadores (2)
situada na parte inferior do
dispositivo e botar algo de auga doce
limpa sobre os conectadores para
retirar o po. Seque o dispositivo e a
zona dos conectadores con coidado.
Deixe secar o interior dos
conectadores. Non insira nunca
ferramentas nos conectadores nin na
área situada arredor.
Duración
5
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
5
1 Tapa posterior
2 Tapa dos conectadores
6
Duración
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
6
Desexa preparar o seu
dispositivo para utilizalo?
Confíe na súa robustez e na
duración incluso en
condicións ambientais
adversas.