Aforro de enerxía
Unha vez cargada totalmente a batería e
desconectado o teléfono do cargador,
desenchufe o cargador da toma de
corrente.
Para evitar cargar a batería tan a miúdo,
faga o seguinte:
•
Peche e desactive as aplicacións,
servizos e conexións cando non as
utilice.
•
Reduza o brillo da pantalla.
•
Configure o teléfono para que entre
en modo de aforro de enerxía tras un
período mínimo de inactividade,
sempre que o seu teléfono dispoña
desta función.
•
Desactive os sons innecesarios, como
os do teclado e chamada.