Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía
superiores e debe ser tratado con coidado. As seguintes
suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios
e poeirentos, xa que poderían producirse danos nas
súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
•
Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As
temperaturas elevadas poden reducir a vida útil dos
dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar
ou derreter determinados plásticos.
•
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o
dispositivo regrese á súa temperatura normal, é
posible que se forme humidade no interior do mesmo
e que se produzan danos nas placas dos circuítos
electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao
indicado nesta guía.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un
manexo brusco pode producir a rotura das placas dos
circuítos e do mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes
de limpeza nin deterxentes concentrados para limpar
o dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas
móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
•
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou
unha autorizada polo fabricante. A utilización de
antenas, modificacións ou accesorios non autorizados
pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que
regula o uso de dispositivos de radio.
•
Utilice os cargadores en lugares interiores.
•
Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que
desexe manter, coma os contactos e as notas do
calendario.
•
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter
un rendemento óptimo, apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á
batería, ao cargador ou a calquera accesorio. Se o dispositivo
non funciona correctamente, envíeo ao centro de servizo
técnico autorizado máis próximo.