de extraer a batería.
Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo
cando non o utilice. Non deixe unha batería completamente
cargada conectada a un cargador, xa que o exceso de carga
pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías
cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Intente manter sempre a batería a unha temperatura
comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería
a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da
mesma. É posible que o dispositivo non funcione
temporalmente se a batería está fría ou quente. O
rendemento da batería é especialmente limitado a
temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque un curtocircuíto na batería. É posible que se
produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico,
coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un
contacto directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da
batería. (Os terminais teñen o aspecto de tiras metálicas na
batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando transporta
unha batería de reposto no peto ou no bolso. Os
curtocircuítos nos terminais poden danar a batería ou o
obxecto que realiza o contacto.
Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar. As
baterías tamén poden explotar se están danadas. Respecte
as normativas locais no momento de desfacerse das baterías.
Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en
lugares destinados aos residuos domésticos.
Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, deforme,
perfore nin triture as pilas nin as baterías. No caso de que se
produzan fugas na batería, evite que o líquido entre en
contacto coa pel ou os ollos. No caso de que se produza a
mencionada fuga, lave inmediatamente a pel ou os ollos con
auga ou solicite asistencia médica.
Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos
estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga ou
outros líquidos.
O uso non axeitado da batería pode provocar un incendio,
unha explosión e outros perigos. Se deixa caer o dispositivo
ou a batería, especialmente sobre unha superficie dura, e cree
que a batería puido quedar danada, envíea a un centro de
servizo técnico para revisala antes de continuar utilizándoa.
Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi
deseñada. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas.
Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.
50 Batería
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
50