Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería
deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-5CT. Nokia pode
fabricar modelos de batería adicionais para este dispositivo.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes
cargadores: AC-8/AC-15. O número exacto do modelo do
cargador pode variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo
de enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C ou
UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero
finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante as conversas telefónicas se reduza
considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías
autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente con
cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse
con este dispositivo. A utilización dunha batería ou cargador
non homologados pode implicar un risco de incendio,
explosión, fuga ou outros perigos.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se
utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa necesario
conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para
comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Xestión dos dereitos dixitais 49
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
49
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes