Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso
do seu produto, ou se non está seguro do
funcionamento do seu teléfono, consulte
a guía do usuario, as páxinas de axuda en
www.nokia.com/support ou o sitio web
de Nokia para o seu país. Se prefire facelo
dende o teléfono móbil, visite
www.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente
o seguinte:
•
Reinicie o teléfono: apague o teléfono
e retire a batería. Pasado un minuto,
volva a colocar a batería e acenda o
teléfono.
•
Coa aplicación Nokia Software
Updater, actualice regularmente o
software do teléfono para obter un
rendemento óptimo e posibles novas
funcións. Consulte www.nokia.com/
softwareupdate ou o sitio web de
Nokia para o seu país. Antes de
actualizar o software, lembre facer
unha copia de seguridade dos datos
do teléfono.
•
Restableza a configuración orixinal de
fábrica do modo indicado na guía de
usuario.
Axuda e actualizacións 45
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
45
Se continúa sen resolver o problema,
póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de
reparación. Consulte www.nokia.com/
repair. Antes de enviar a amañar o
teléfono, lembre facer unha copia de
seguridade dos datos do teléfono.