
Actualizacións de software mediante o
ordenador
As actualizacións de software poden
incluír funcións novas e melloradas que
non estaban dispoñibles cando mercou o
dispositivo. A actualización de software
pode tamén mellorar o rendemento do
dispositivo.
Nokia Software Updater é unha aplicación
para PC que lle permite actualizar o
software do seu dispositivo. Para poder
actualizar o software do seu dispositivo,
necesita un ordenador compatible, acceso
a internet de banda ancha e un cable USB
compatible para conectar o dispositivo ao
ordenador.
Para obter máis información, comprobe
os comunicados de prensa sobre as
últimas versións de software; para
descargar a aplicación Nokia Software
Updater, visite www.nokia.com/
softwareupdate ou a web local de Nokia.
Para actualizar o software do dispositivo,
leve a cabo o seguinte:
1 Descargue e instale a aplicación Nokia
Software Updater no seu ordenador.
2 Conecte o seu dispositivo ao
ordenador mediante un cable USB e
abra a aplicación Nokia Software
Updater. A aplicación Nokia Software
Updater informaralle de como facer
copias de seguridade dos seus
ficheiros, actualizar o software e
restaurar os seus ficheiros.