Nokia 3720 classic - Aplicacións de terceiras partes

background image

Aplicacións de terceiras partes
É posible que as aplicacións doutros fabricantes fornecidas co

dispositivo foran creadas e sexan propiedade de persoas ou

entidades non asociadas nin relacionadas con Nokia. Nokia

non é propietaria dos dereitos de autor nin de propiedade

intelectual das aplicacións de terceiras partes. Debido a esta

razón, Nokia non se responsabilizará da asistencia técnica ao

usuario, da funcionalidade das aplicacións nin da

información contida nas aplicacións nin nos materiais. Nokia

non ofrece ningunha garantía sobre as aplicacións de

terceiras partes.

MEDIANTE O USO DAS APLICACIÓNS, VOSTEDE ADMITE QUE AS

APLICACIÓNS FORNÉCENSE “TAL CAL”, SEN GARANTÍAS DE

NINGÚN TIPO, TANTO EXPRESAS COMA IMPLÍCITAS, NA MÁXIMA

MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE. TAMÉN

RECOÑECE QUE NIN NOKIA NIN AS SÚAS COMPAÑÍAS FILIAIS

OFRECERÁN GARANTÍA NIN REPRESENTACIÓN ALGUNHA,

EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA,

A GARANTÍA DE TÍTULO, DE CAPACIDADE COMERCIAL E

ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO, NIN QUE AS

APLICACIÓNS NON INFRINXAN AS PATENTES, DEREITOS DE

AUTOR E MARCAS COMERCIAIS OU DEMAIS DEREITOS DE

TERCEIRAS PARTES,.