
Configuración
Pode configurar o dispositivo con axustes
que se precisan para determinados
servizos. Pode recibir estes axustes
mediante unha mensaxe de configuración
do seu provedor.
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Configuración
e das seguintes opcións:
Axust. conf. pred. — Permite ver os
fornecedores de servizos que se atopan
gardados no teléfono e axustar un
fornecedor de servizos predeterminado.
Act. pred. todas aplic. — Permite activar
a configuración predeterminada para as
aplicacións admitidas.
Adapte o dispositivo aos seus gustos 23
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
23

Pto. acceso prefer. — Permite visualizar
os puntos de acceso que se atopan
gardados.
Axustes xestor disp. — Mediante esta
opción pódese permitir ou impedir que o
dispositivo reciba actualizacións de
software. É posible que esta opción non se
atope dispoñible dependendo do seu
dispositivo.
Axust. config. pers. — Permite engadir
novas contas persoais para varios servizos
de xeito manual e activalas ou borralas.
Para engadir unha nova conta persoal,
seleccione
Engadir
ou
Opcións
>
Engadir novo
. Seleccione o tipo de
servizo e insira os detalles precisos. Para
activar unha conta persoal, seleccione
Opcións
>
Activar
.
Quere falar, chatear ou
enviar mensaxes? Chamar e
enviar mensaxes son as
principais funcións dun
móbil.