
Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o
dispositivo mediante ondas de radio a un
dispositivo Bluetooth compatible situado
a unha distancia de ata 10 metros.
O dispositivo é compatible coa
especificación Bluetooth 2.1 + EDR que
admite os seguintes perfís: Acceso á SIM,
envío de obxectos, transferencia de
ficheiros, conexión á rede por liña
conmutada, auriculares, mans libres,
acceso xenérico, porto de serie,
intercambio de obxectos xenérico,
distribución de son avanzada, control
remoto de son e vídeo, distribución de son
e vídeo xenérica, aplicación de descuberta
de servizo, rede de área persoal e acceso
á axenda de teléfonos. . Para asegurar a
interoperabilidade con outros
dispositivos que dispoñan de tecnoloxía
Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase
en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre
a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía
Bluetooth aumentan o consumo de
enerxía e reducen a duración da batería.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM
remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, como un kit de
automóbil, para efectuar ou recibir
chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará
ningunha chamada, excepto aos números
de emerxencia programados no
dispositivo, cando se atope en modo SIM
remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá
abandonar o modo SIM remoto. Se se
bloqueou o dispositivo, primeiro insira o
código de bloqueo para desbloquealo.
Apertura dunha conexión Bluetooth
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
2 Seleccione
Nome do meu tlf.
e insira
un nome para o seu dispositivo.
3 Para activar a conectividade
Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
. indica que a
conectividade Bluetooth está activa.
4 Para conectar o dispositivo a un
accesorio de son, seleccione
Conex. a
acc. audio
e o accesorio.
5 Para emparellar o dispositivo con
calquera dispositivo Bluetooth que se
atope dentro do alcance, seleccione
Disposit. vinculados
>
Engadir
novo disp.
.
6 Desprácese ata un dispositivo
atopado e seleccione
Engadir
.
7 Insira un código (de ata 16 caracteres)
no dispositivo e estableza a conexión
co outro dispositivo Bluetooth.
Utilizar o dispositivo en modo oculto é un
modo máis seguro de evitar o software
daniño. Non acepte conexións Bluetooth
de fontes non fiables. Se o prefire,
desactive a función Bluetooth. Isto non
afecta ás demais funcións do dispositivo.
Conexión do ordenador á Internet
É posible empregar a tecnoloxía Bluetooth
para conectar un ordenador compatible á
Internet. O dispositivo debe poder
conectarse á Internet (servizo de rede) e o
ordenador debe ser compatible coa
tecnoloxía Bluetooth. Unha vez
establecida a conexión co servizo de
punto de acceso á rede (NAP) do
dispositivo e de emparellar o mesmo co
Adapte o dispositivo aos seus gustos 21
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
21

ordenador, o dispositivo abrirá
automaticamente unha conexión de
paquetes de datos á Internet.