Paquetes de datos
O servizo xeral de paquetes de radio
(GPRS) é un servizo de rede que permite
aos teléfonos móbiles enviar e recibir
datos pola rede baseándose no protocolo
IP de internet.
Para definir cómo empregar o servizo,
seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Paquetes de datos
>
Conex. paq. datos
e escolla entre as
seguintes opcións:
Se cómpre — para establecer a conexión
de paquetes de datos cando unha
aplicación o necesite. Cando a aplicación
remata, péchase a conexión.
Sempre en liña — para conectarse
automaticamente a unha rede de
paquetes de datos ao acender o teléfono
Pode usar o teléfono como un módem
conectándoo a un ordenador compatible
mediante a tecnoloxía Bluetooth. Para
obter máis detalles, consulte a
documentación de Nokia PC Suite.