Seguridade
Cando se atopan activadas as funcións de
seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos
de usuarios pechados e a marcaxe fixa),
pode que sexa posible efectuar chamadas
ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e
restrición de chamadas non poden estar
activos ao mesmo tempo.
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
e unha das seguintes
opcións:
Petición código PIN ou Petición código
UPIN — permite que se solicite o código
PIN ou UPIN cada vez que se acende o
teléfono. Algunhas tarxetas SIM non
admiten a desactivación da solicitude do
código.
Servizo restric. cham. — permite
restrinxir as chamadas entrantes e as
saíntes do teléfono (servizo de rede).
Cómpre establecer un contrasinal de
restrición.
Marcación fixa — permite restrinxir as
chamadas saíntes aos números de
teléfono seleccionados se o admite a
tarxeta SIM. Cando a marcación fixa está
activada, as conexións GPRS non se poden
establecer, excepto durante o envío de
mensaxes de texto a través dunha
conexión GPRS. Neste caso, cómpre que o
número do centro de mensaxes e o
número de teléfono do destinatario se
inclúan na lista de marcación fixa.
Grupo usuar. pech. — permite
especificar un grupo de persoas aos que
pode chamar e que poden chamarlle
(servizo de rede)
Nivel de seguridade — para que se
solicite o código de seguridade cando se
insira unha tarxeta SIM no teléfono,
seleccione
Teléfono
.
Códigos de acceso — permite cambiar o
código de seguridade, o código PIN, o
código UPIN, o código PIN2 ou o
contrasinal de restrición
Petición código PIN2 — para seleccionar
se cómpre inserir o código PIN2 cando use
unha función do teléfono protexida co
código PIN2. Algunhas tarxetas SIM non
permiten que se desactive a petición de
código. Pode que esta opción non estea
dispoñible en función da súa tarxeta SIM.
Para obter máis información, póñase en
contacto co seu operador de rede.
Código en uso — permite seleccionar o
tipo de código PIN
Certificad. autoridade ou Certificados
usuario — permite ver a lista dos
certificados de autorización ou de usuario
descargados ao teléfono.
Vexa
"Seguridade navegador", p. 38.
Axus. mód. segurid. — permite ver
Detalles mód. segur., activar
Petición PIN
módulo
ou cambiar o PIN do módulo e o
de sinatura.
Vexa "Códigos de
acceso", p. 13.
18 Adapte o dispositivo aos seus gustos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
18