
Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos
descrito nesta guía está aprobada en
redes GSM 900, 1800 e 1900 MHz . Póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter máis información acerca das
redes.
É posible que o seu dispositivo dispoña de
favoritos ou ligazóns preinstalados para
sitios da Internet de terceiros e que
permitan o acceso a sitios de terceiros.
Estes sitios non teñen ningún tipo de
relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade
correspondente a eles. Se accede aos
sitios mencionados, tome as precaucións
necesarias relacionadas coa seguridade
ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo,
a excepción do espertador, é necesario
que se atope acendido. Non acenda o
dispositivo en lugares nos que poida
provocar interferencias ou poida supoñer
un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a
lexislación e os costumes locais, a
intimidade e os dereitos lexítimos das
demais persoas, incluídos os dereitos de
autor. É posible que as leis de protección
dos dereitos de autor non autoricen a
copia, modificación ou transferencia
dalgunhas imaxes, música e demais
contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña
rexistros escritos da información
importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera
outro dispositivo, lea a guía de usuario
para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non
compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser
diferentes das que aparecen na pantalla
do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter
outra información importante acerca do
dispositivo.