
Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre
dispoñer dos servizos dun fornecedor de
servizos sen fíos. Moitas das funcións do
produto requiren dispoñer de funcións
especiais de rede. Estas funcións non se
atopan dispoñibles en todas as redes; é
posible que para poder utilizar os servizos
de rede noutras redes sexa necesario
establecer acordos específicos co seu
fornecedor de servizos. O uso de servizos
de rede implica a transmisión de datos.
Comprobe co seu fornecedor de servizos
os detalles verbo de tarifas na súa rede
propia ou durante a itinerancia noutras
redes. Este pode facilitarlle instrucións e
explicarlle os importes que lle serán
cargados polo servizo. É posible que
algunhas redes teñan limitacións que
afecten ao modo en que pode utilizar os
12 Acendido
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
12

servizos de rede. Por exemplo, é posible
que algunhas redes non admitan todos os
caracteres e servizos dependentes dos
idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos
ordenase a desactivación ou non
activación de determinadas funcións no
dispositivo. En tal caso, as mencionadas
funcións non aparecerán no menú do
dispositivo. Tamén é posible que o
dispositivo dispoña dunha configuración
especial, como cambios nos nomes ou na
orde dos menús, ou nas iconas. Póñase en
contacto so seu fornecedor de servizos
para obter máis información.