
Códigos de acceso
Para axustar como desexa que o seu
teléfono empregue os códigos de acceso
e os axustes de seguridade, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
>
Códigos de acceso
.
•
O código de seguridade axúdalle a
protexer o teléfono contra o uso non
autorizado. O código preaxustado é
12345. É posible cambiar o código e
axustar o teléfono para solicitar o
código. Algunhas operacións requiren
a utilización do código de seguridade
independentemente dos axustes, por
exemplo, se desexa restablecer os
axustes predeterminados de fábrica.
Garde o código nun lugar secreto e
seguro lonxe do teléfono. Se esquece
o código e o seu teléfono está
bloqueado, o teléfono requirirá
asistencia técnica e é posible que se
apliquen tarifas adicionais. Para obter
máis información, póñase en contacto
cun servizo de atención ao cliente de
Nokia Care ou co distribuidor do
teléfono.
•
O código PIN (UPIN) fornecido coa
tarxeta SIM (USIM), axuda a protexer
contra o uso non autorizado da
tarxeta.
•
O código PIN2 (UPIN2) fornecido con
algunhas tarxetas SIM (USIM),
requírese para acceder a
determinados servizos.
•
Os códigos PUK (UPUK) e PUK2 (UPUK2)
poden ser fornecidos coa tarxeta SIM
(USIM). Si insire o código PIN de xeito
incorrecto tres veces seguidas,
solicitaráselle que insira o código PUK.
Se non se fornecen os códigos, póñase
en contacto co seu fornecedor de
servizos.
•
O contrasinal de restrición requírese
cando se emprega o servizo de
restrición de chamadas para restrinxir
as chamadas recibidas ou efectuadas
dende o teléfono (servizo de rede).
•
Para ver ou cambiar os axustes do
módulo de seguridade do navegador,
seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
>
Axus. mód. segurid.
.